The page you requested does not exist. A search for node OR 1754 OR lightbox2 resulted in this page.

As danzas do mundo

Printer-friendly versionSend to friendPDF versionFacebookTwitter
A 0 usuarios gústalles isto

Danzas do Mundo
Onde:
Escenario entre o Parque José Martí e a praia de Santa Cristina
Cando: pola mañá e pola tarde

Montamos un grande escaparate para as danzas máis espectaculares do mundo que recollen as tradicións máis próximas e distantes, movementos imposibles, ritmos frenéticos e complexas coreografías que sorprenderán ao público. 

Bollywood Jai Ho (India)
Bollywood Jai Ho

Este espectáculo dirixido por Sunny Singh narra os episodios esenciais das películas de Bollywood: o encontro casual dos protagonistas, o namoramento, os obstáculos que deben superar, a maldade do vilán, os enfrontamentos... E faino a través da verdadeira linguaxe da factoría cinematográfica india: unha enérxica fusión de danzas indias clásicas e folclóricas e bailes occidentais contemporáneos, coma o jazz ou o hip hop. O resultado é unha explosión de enerxía e colorido que agocha, en cada xesto e cada movemento, un canto á vida e ao optimismo: Jai Ho! é dicir: ¡Viva! Podedes consultar máis información na páxina web do grupo artístico Bailamos Bollywood.
+ Info: Web Oficial

 

Compañía de Danza Oriental de Siberia (Rusia)
Compañía de Danza Oriental de Siberia

Dende a fronteira de Rusia con Mongolia chéganos un espectáculo no que se mesturan imaxes, cores e sons típicos das diferentes repúblicas ex soviéticas de Asia Central. Unha proposta que nos transmite sentimentos e emocións afastadas a través dun espectáculo que mestura danza clásica e folclórica.
+Info: www.danzasdelmundo.com


Katembe Dance (Angola)
Katembe Dance

Katembe Dance forma parte de Katembe Project e nace coa idea de difundir o ‘kuduro’, un estilo musical orixinario de Angola, que xa está acadando un grande éxito en medio mundo. É o resultado do choque entre a música tradicional (semba, kizomba) e a música electrónica (house, techno). O nome non é arbitrario e fai referencia ao xeito de bailar esta música, co traseiro erguido cara atrás, facendo unha serie de movementos espasmódicos, como un break dancer eufórico. Unha experiencia festiva que se presenta en directo con bailaríns angolanos.
+info: Myspace de Katembe Dance


O Fiadeiro (Galicia)
O Fiadeiro

Os bailes tradicionais galegos, desde os máis populares até os xa case esquecidos, volven aos escenarios e rúas de Galicia nos pes de dezaseis parellas que forman a agrupación de danzas tradicionais O Fiadeiro. Falamos dunha agrupación que xa levou a nosa danza por festas, verbenas, galas, teatros, estudios de televisión e festivais tan importantes coma os “intercélticos” de Lorient (Bretaña francesa) e Aosta (Italia).
+info: www.ofiadeiro.com

Comentarios

Anónimo's picture

Anónimo (sen verificar) (Ven, 30/07/2010 - 12:59)

¿A qué hora está previsto el espectáculo de danza Bollywood Jai Ho?
Gracias.

XacobeoGalicia2010's picture

XacobeoGalicia2010 (Lun, 02/08/2010 - 13:56)

Hola anónimo. Ás 13.00h. Grazas polo teu interese! Saúdos,

Iria A Feiticeira's picture

Iria A Feiticeira (sen verificar) (Mar, 03/08/2010 - 12:53)

Que bonito pinta !
Non mo penso perder, vaia atracón que me vou pegar !!!

alberto juncal's picture

alberto juncal (sen verificar) (Mié, 04/08/2010 - 12:55)

Estaría ben un horario aproximado das distintas actuacións. ¿Sería posible publicalo?=

XacobeoGalicia2010's picture

XacobeoGalicia2010 (Xov, 05/08/2010 - 18:42)

Ola Alberto. Os concertos no escenario principal da Festa dos Mundos se desenvolverán desde ás 19.00 ata ás 4.30h da madrugada. Debido ás características do concerto, non hai horarios fixos para cada artista. No blog do xacobeo e neste enlace podes atopar pdfs con información sobre horarios, transportes, aparcamentos, itinerarios... Grazas polo teu interese e esperamos que o pases ben!
Aquí te deixamos os enlaces
http://programacion2010.xacobeo.es/gl/blog/ven-festa-dos-mundos-e-vente-...
http://afestadosmundos.xacobeo.es/gl/node/29643

Enviar un comentario

El contenido de este campo se mantiene privado y no se mostrará públicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.
Image CAPTCHA
Introduce os caracteres que aparecen na imaxe